viernes, 10 de marzo de 2023

8M: Mulleres detrás das cámaras.

 Durante toda a semana fixéronse nas aulas diferentes actividades para conmemorar o 8 de marzo relacionadas coa PDI. A actividade principal titulada: "8M: mulleres detrás das cámaras" consistiu en investigar a figura dunha muller que traballaba ou traballa detrás das cámaras. Así os nenos e nenas coñeceron a fondo profesións como as de produtora, directora, maquilladora, directora de doblaxe, etc. Algunhas delas colaboraron activamente con nós visitándonos no centro ou tamén a través de videoconferencia. Grazas a elas achegámonos un pouco máis ao mundo do cinema. 

Clicade sobre a imaxe para ver máis.



jueves, 23 de febrero de 2023

Día de Rosalía

 Polo día de Rosalía elaboramos un rico caldo de gloria. Picamos,cortamos con xeito, quentamos a auga da pota e , cando estivo listo...comimos,claro!

Clicade sobre o vídeo para ver máis.




miércoles, 22 de febrero de 2023

Xoga un conto : O ceo imaxinado.

 Neste segundo trimestre retomamos o obradoiro "Xoga un conto" pero esta vez cunha temática ben distinta. Despois de explorar as posibilidades creativas dos bosques, agora tocaba ir un pouco máis lonxe. O espazo foi a temática desta nova edición. De novo coa colaboración da biblioteca do centro, fixemos unha selección de libros sobre o ceo, o espazo, as estrelas, as constelacións...e ademáis de disfrutar destas lecturas creamos entre tod@s un ceo imaxinario que neste caso tiña sorpresa final! Durante toda a sesións o alumnado creaba o seu particular ceo nocturno con elementos fluorescentes sobre papel negro. Case a piques de rematar, as luces se apagaban para iluminar o salón con lámpadas de luz negra. O resultado como podedes ver era impresionante e todos ficaban un rato abraiados observando as súas particulares nebulosas, constelacións ou planetas . ☄️🌙🌌🌚🧑‍🚀✨⭐ #xogaunconto #biblioblogreboreda #obradoiros

Clicade sobre a fotografía para poder ver un pouquiño máis.




viernes, 17 de febrero de 2023

Entroido de cine

Este curso, como non podía ser doutro xeito, o entroido vestiuse de cine. E non só de cine. O alumnado de primeiro escolleu ademáis unha película basada nun libro maravilloso: O Mago de Oz . 






martes, 14 de febrero de 2023

Na clase tamén se conta

 Hoxe celebramos o día do amor resaltando a importancia das palabras e o que nos fan sentir.

Primeiro lemos os libros “Palabras con corazón” de @bruno_editorial e “Las palabras importan un poco, mucho, muchísimo…” de @tramuntana_editorial

Despois pensamos en situacións cotiás nas que nos sentimos tristes ou a disgusto e intentamos buscar as palabras que nos parecían máis axeitadas para animar, consolar, facer sentir mellor… Tamén expresamos aquilo que non nos gusta que nos digan.

Para finalizar tivemos un regaliño: un bote cheo de palabras bonitas para alegrar os nosos corazóns e adozar un pouco o día!




jueves, 22 de diciembre de 2022

Recomendacións lectoras polo Nadal


Como cada ano , dende a biblioteca do centro, enviamos as familias as nosas recomendacións lectoras para todas as idades.
 

Clicade sobre a imaxe para descubrilas!!!



miércoles, 21 de diciembre de 2022

Viaxe a Lúa

 Como proxecto de fin de trimestre o alumnado de cada clase elaborou a súa particular versión do Viaxe a Lúa de George Méliès. Dende a biblioteca do cole, libros como Méliés ou A invención de Hugo axudaron a coñecer un pouco máis a súa figura.


viernes, 2 de diciembre de 2022

Recreos na biblio

 Este curso retomamos os obradoiros dos recreos na biblioteca. Nestes obradoiros levamos a cabo actividades de animación á lectura,  fixemos manualidades relacionadas co proxecto , creación de murais colaborativos...














martes, 29 de noviembre de 2022

Obradoiros internivel

 Un dos aspectos máis positivos deste ano foi poder retomar os obradoiros internivel que tan positivos resultaran a primeira vez e que polas medidas contra a COVID non fora posible levar a cabo.

Dous destes obradoiros, no primeiro e no segundo trimestre, estiveron moi relacionados coa biblioteca do centro e coa súa labor na animación á lectura. Nesta publicación falaremos do primeiro deles: Xoga un conto 1 :bosques de outono.
Despois de ler, escoitar e rodearnos de historias cheas de outono e bosque, a proposta era moi sinxela, deixando espazo á creatividade. Sobre un fondo de papel continuo extendido no chan debían crear o seu bosque de outono. Para isto, en caixas e cestas dispostas por todo o espazo, o alumnado atopaba todo tipo de materiais, dende elementos da natureza, de refugallo ou de manualidades. Así tamén libros abertos desta temática como fonte de inspiración.
Música de fondo e a disfrutar! 🌰🍁🍂🌳🐿️🌲 #obradoiros #xogaunconto #biblioblogreboreda #librosdeoutono





viernes, 25 de noviembre de 2022

25N : Nin príncipes azuis nin belas dormentes.

 Baixo o lema Nin príncipes azuis nin belas dormentes, este ano relacionamos a conmemoración do 25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. co proxecto do cine e traballamos estereotipos de xénero en personaxes femininas de películas.


Cada aula escolleu unha personaxe e comparamos como é na película e aqueles aspectos que pensamos que podería cambiar para ser máis feliz e para ser ela mesma. Personaxes fantásticas que transportamos realidade para decirlles que non perdan nunca a súa voz, que se vistan como queiran, que fagan o que lles guste, que non as obliguen, que non as manipulen e, sobre todo, que ningunha perda a súa esencia.
Clicade sobre a imaxe para ver máis.



sábado, 29 de octubre de 2022

Samaín

 Polo Samaín , como xa é tradición e este curso con máis motivo todavía, celebramos o IV Festival de Curtas de medo en colaboración coas familias. Unha vez reunidas todas as curtas fixemos un visionado no salón de actos. Pasámolo de medo!!!

Dende a biblioteca do centro fixemos unha selección de libros coa temática desta celebración que tanto nos gusta.





miércoles, 26 de octubre de 2022

O precine

 Durante as primeiras semanas investigamos os inventos previos á aparición do cine. Exploramos cos efectos ópticos e as posibilidades da luz.