viernes, 26 de mayo de 2017

UNHA NOVA SESIÓN DE CONTOS CON ANDREA E COMPAÑÍA!

As miñas exploradoras de 5ºA, están enganchadas ao de contar historias e cada sesión que pasa fanno mellor, fanno xenial!!! Nesta ocasión Andrea, tiña moitas ganas de dramatizar un conto que lle gustaba moito cando era pequerrecha, polo que animou ás súas compis e mira o que fixeron… Son unhas grandes artistas!!!

miércoles, 24 de mayo de 2017

OS SEMINIFINALISTAS FAN KRIPTONITA

Seguimos cos talleres dos gañadores do concurso "Coñecendo a orixe". Nesta ocasión "Los superheroes me importan un pepino" fixeron está orixinal proposta de kriptonita. A pesar dalgúns problemas técnicos pasámolo ben e conseguimos resolver o reto.  Clicade na imaxe para ver a presentación!

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d113470129k1767446o2l1/kriptonita-2

lunes, 22 de mayo de 2017

SEMANA DO LIBRO

A última semana de abril celebramos a "Semana do libro" e dende a biblioteca deseñamos unha chea de actividades. 
Comezamos decorando os espazos do centro: escaleiras que convidan a ler, un mural na entrada, novo espazo de lectura na biblioteca...
Seguimos convidando aos lectores que quixeran a ter unha cita a cegas. Tiñamos mesas con libros empaquetados con etiquetas que correspondían as diferentes idades. Os que querían podían escoller un libro sen coñecer o título, unha auténtica cita a cega para descubrir lecturas que, seguramente, por nós mesmos non teríamos escollido.
O xoves a lectura silenciosa foi especial porque os pequenos contaron aos maiores historias de superheroes.
E rematamos a semana convidando as familias a facer connosco a lectura silenciosa.
Clicade na imaxe para ver coma nos foi a semana.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d113705317k6272623o2l1/dia-do-libro-17

viernes, 19 de mayo de 2017

SON MALETE!!!

Non me puiden resistir! Moi simpática e ademáis anda un Apolo polo medio. A ver se o vedes.

jueves, 18 de mayo de 2017

OS SUPERIGUALIÑOS DE 4ºB FANNOS UNHA SESIÓN DE CONTOS MOI ESPECIAL

A profe Lidia sempre ten grandes ideas e planificou cos seus alumnos e alumnas de 4º B un conto que nos presentaron de forma moi orixinal, aos choquetes e aos apolos, na aula de psicomotricidade para celebrar a semana do libro. Estabamos tan atentos que nin pestanexamos. Dicían que case non tiveran tempo para preparalo pero… fixeronno XENIAL!!! Que? Xa estades ansiosos para velo, non? Pois atentos, atentos…. que isto xa comeza!!!

lunes, 15 de mayo de 2017

NA SEMANA DO LIBRO AS FAMILIAS COMPARTEN CON NÓS AS SÚAS LECTURAS

Os choquetes estaban encantados porque moitos papis, mamis, avós, avoas,… quixeron vir a ler con nós na lectura silenciosa. Como era un momento especial, quixemos facelo tamén de forma especial polo que collemos os libros e saímos ao patio, buscamos una boa sombra e una pouca de herba para acomodarnos no chan e pasar 20 minutiños lendo sen parar. Foi un momento moi máxico pero non volo vou dicir eu… mirade este vídeo e quedaredes prendados das fotos tan bonitas que roubamos a eses momentos. GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS… FAMILIAS!!! SEMPRE TAN ATENTAS, SEMPRE TAN ENTREGADAS, SEMPRE TAN CERCANAS!!!

martes, 2 de mayo de 2017

TALLERES DE PASCUA

Rematamos o trimestre volvendo a facer os talleres interclases que tan bo resultado nos están dando este ano. Preparamos 3 talleres: un de cine, outro de manualidades e outro de cociña e fixemos 3 grupos nos que había Pequeheroes, Choquetes, Apolos e Xirasois. Os grupos pasaban 30 minutos en cada taller e ao rematar ían ao seguinte. Así aproveitamos para facer chocolate e cestos de pascua. Despois do recreo contamos o conto do coelliño da pascua e fixemos unha búsqueda conxunta polo patio, xa que o coelliño apareceu por alí e deixou unha chea de ovos. Xa cos cestos cheos comemos o chocolate que fixeramos pola mañá. Foi un día moi intenso pero pasámolo xenial!!!

lunes, 1 de mayo de 2017

MAGDALENAS DE LADY BUG: GAÑADORAS DE "COÑECENDO A ORIXE"

E chegou a quenda das gañadoras do concurso "Coñecendo a Orixe". Nesta ocasión Alba e María foron as encargadas de ensinarnos a facer unhas deliciosas magdalenas cunha xoaniña enriba que nos lembra a Lady Bug. Fixéronno moi ben e despois os asistentes puideron facer as súas propias Lady Bug e, por suposto, degustalas.

jueves, 27 de abril de 2017

BLOBLÓ POLA CONTACONTOS DE 6º B IRIA

Iria visitou a clase dos choquetes para traernos unha historia fantástica, Blobló. Estes pequenos espectadores estiveron moi moi atentos xa que Iria fíxoo moi ben. Parabéns Iria!!!

martes, 18 de abril de 2017

FACEMOS KRYPTONITA

Seguimos cos talleres dos xoves do concurso "Coñecendo a orixe". O equipo que quedou en segundo lugar amosounos coma facer kryptonita. Mirade que ben o fixeron!!!

viernes, 7 de abril de 2017

Excursión TORRES AGRELO

O venres 7 de abril, os nenos/as de 1º e 2º fomos de excursión o Pazo de Torres Agrelo. Foi unha mañá fantástica.

Todos queriamos quedar a vivir alí!!











lunes, 3 de abril de 2017

CONTACONTOS: UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Lucía, achegouse a clase dos choquetes para compartir con eles unha nova historia fantástica, “Unha eiruga moi larpeira”. Narrou o conto coa axuda de Antía e Sheyla, que lle axudaron a mover a pequena eiruga que rillaba, sen parar, nas froitas e alimentos desta historia. Os choquetes tiveron que estar moi atentos porque Lucía despois do conto fixo un pequeno concurso para ver si recordaban algunhas cousiñas. Ao final Lucía agasallou con ricos caramelos a este público tan atento. Noraboa Lucía!!! Fixéchelo de 10!!!