martes, 16 de diciembre de 2025

ACHÉGASE O NADAL

 En quinto estamos programando con Scratch. Inda non temos o resultado definitivo pero estes días conseguimos programar neve.

#quintoreboreda#edudixital#poloscreativos#edixgal#robotica#scratch#aprenderprogramando



martes, 9 de diciembre de 2025

PLENO INFANTIL

 Hoxe tivemos a fortuna de poder participar nun pleno do Concello! Unha vez ao ano organízase un pleno infantil e desta volta recaeu en nós a responsabilidade de representar ao noso centro.

Deixámosvos o enlace para poder ver a gravación.

https://www.redondelaberta.gal/videodetail/956



martes, 2 de diciembre de 2025

25 DE NOVEMBRO NO MAR REALIDADES QUE CONTAR

No noso centro celebramos o #25denovembro de maneira especial. Este ano, aproveitando o PDI e formando parte da rede de Escolas Azuis, decidimos afondar na relación das nosas familias co mar.


Para iso, enviamos enquisas ás casas e, a través dos datos recollidos, analizamos as condicións das mulleres que se adican ao mar, as súas experiencias e os retos que afrontan na súa vida laboral e persoal.

Cada aula, desde Infantil ata Primaria, traballou sobre os datos e plasmou as súas reflexións nun mural colectivo. Despois, unha parella de alumnos e alumnas de cada clase presentaron as súas conclusóns no salón de actos, compartindo co resto do centro o importante traballo realizado.

Coa nosa actividade, quixemos destacar a importancia de sensibilizar sobre a violencia de xénero, especialmente no contexto do mar, onde as mulleres, a miúdo invisibilizadas, xogaron e xogan un papel fundamental.

#proxectooquenostraeamarea #ceipReboreda