jueves, 20 de marzo de 2025

VAN GOGH

Aproveitando o PDI do cole, estamos usando a arte para traballar lingua e mate. Hoxe resolvemos misterios matemático-lingüísticos e acabamos achegándonos a unha das obra de Van Gogh. #sextoreboreda#pdiunanonomuseo#udi#aprenderfacendo


 

miércoles, 19 de marzo de 2025

OS CONTACONTOS DE SEXTO

 En sexto levamos semanas traballando poesía e ocorreusenos contar contos poéticos para osmáis pequenos.

Quedan cousas por pulir así que volveremos ir contar próximamente. Seguide atentos! #sextoreboreda#biblioblogreboreda#poesia



miércoles, 12 de marzo de 2025

EXPOSICIÓN DE MAFALDA POLO DÍA DA MULLER

 A comezos de novembro, a Conselleria de infancia do concello de Redondela e as @bibliotecas_de_redondela , propuxeron aos centros educativos da vila participar nunha iniciativa que aunaría a conmemoración do 60 aniversario de Mafalda e do Día internacional dos dereitos da infancia. A proposta era facer unha reinterpretación deste carismático personaxe e , xuntos , crear unha exposición colaborativa e itinerante que comenzaría a súa andadura no Multiusos de Redondela para despois continuar por todos os centros participantes.

No noso cole, o alumnado de terceiro ciclo foi o encargado de versionar a Mafalda cun toque artístico , inspirados polo noso proxecto de centro deste curso.
A semana do 10 de marzo, un dos nosos corredores acolleu as láminas que rendían homenaxe a Mafalda . Obras que mantiñan a súa esencia e cunha mensaxe reivindicativa dos dereitos dos nenos e nenas.

#60aniversariodemafalda #díainternacionaldosdereitosdainfancia



lunes, 10 de marzo de 2025

8 DE MARZO

 

Dentro das actividades encadradas no 8 M, realizamos un roteiro por Redondela, para coñecer a mulleres relevantes da nosa vila, da man de Sole de @mellorconguia. Ademais aproveitamos para afianzar conceptos sobre a organización política e territorial dunha maneira máis lúdica.
Grazas á concelleira Iria Vilaboa @concelloredondela por acompañarnos e polas explicacións.



MURAL 8 DE MARZO

 Non podemos deixar que remate marzo sen falar da actividade que levamos a cabo nunha das datas máis importantes deste mes: o 8M , Día internacional da muller.


🎨Este curso, como xa sabedes, o tema do noso proxecto de centro é a arte. Por iso falamos cunha artista do noso pobo para que fixese con nós un mural que conmemorase este día .
👩🏼‍🎨 @paul.art3 , coa colaboración de todo o alumnado do cole, encheu de arte e cor unha parede do patio cuberto, deixando os demáis muros cheíños de envexa 😉.
Unha obra que representa a sororidade , mulleres que se arropan e axudan.
Esperamos seguir enchendo pouco a pouco de cor os nosos muros ,coa axuda de @paul.art3 .



viernes, 7 de marzo de 2025

MIRÓ

 Miró dende a ollada dos Indios! #proxectoarte #unanonomuseo #educacioninfantil #4anos




miércoles, 5 de marzo de 2025

EUFEMISMOS E TABÚS

Despois de facer as nosas obras de arte con fraccións tocou poñelas á venda cun bo eslogan onde non podían faltar os eufemismos.

Sairon cousas moi interesantes! #sextoreboreda#lingua#pdiunanonomuseo#udi



lunes, 3 de marzo de 2025

AULAS PARA PENSAR

Dende que volvemos de vacacións de Nadal estamos traballando dun xeito diferente a partir das ideas do libro Aulas para Pensar de Peter Liljeldalh.

Na práctica de hoxe cada grupo fixo o súa propia versión dos xirasois de Van Gogh usando fraccións. Partimos as follas segundo as indicacións dadas e creamos usando toda a fracción. As obras quedaron xeniais e totalmente diferentes a como tiña pensando cando deseñei a actividade. O mellor toda a riqueza de pensamiento, o xeito de buscar solucións e as sete obras artistas, tan diferentes, a partir das mesmas consignas.
A profe Patri mais eu aprendemos moitísimo vendo pensar aos grupos e comprobamos que è posible pensar, solucionar problemas e ser creativos á vez. #sextoreboreda#aulasparapensat#pdiunanonomuseo#aprenderfacendo#creatividade#mate#udi#xirasois#vangogh