lunes, 26 de mayo de 2025

+RÍAS

Os alumnos e alumnas de sexto desfrutamos, da man da Deputación de Pontevedra e do proxecto +Rías, dunha sesión para coñecer o noso mar, que se completou cunha sesión de marisqueo no Porto de Cesantes guiados por Gloria e Sebe. Foi xenial!!! Que gusto aprender directamente na contorna e cantos tesouros temos na Ensenada.

#sextoreboreda, #+rías, #amarturmar#redenatura2000#aprenderfacendo



lunes, 19 de mayo de 2025

TORNEO DE XADREZ

 Un ano máis, o alumnado de quinto e sexto participamos no torneo de xadrez intercentros organizado polo IES Floriani, que tivo lugar na Alameda de Redondela.

Conseguimos escapar do mal tempo e pasamos unha mañá diferente e moi entretida. #torneoxadrezintercentrosredondela



viernes, 16 de mayo de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Este ano, o día das #letrasgalegas está adicado ás CANTAREIRAS. Como non podía ser doutro xeito, no cole de Reboreda celebrámolo cantando, da man da profe Isa. Compartimos unha pequena mostra:

🎶As nenas e nenos de sexto interpretaron a Xota de Ultreia.
🎶Quinto e cuarto curso Agharrado de Liñares de Avión.
🎶Terceiro e segundo curso Agharrado de Vilar de Cabeiras.
🎶Primeiro e infantil cantamos Castañas Asadas.

Por último, todo o alumnado e profesorado cantamos a Danza de Agrazón de Eva Castiñeiras.

Unha vez máis queremos agradecer á Profe Isa polo seu traballo, esforzo e sabedoría! Grazas❤️🎶🙏🏽

Moi feliz Día das Letras Galegas a todas e todos! ❤️



SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Seguimos desfrutando das actividades programadas para a conmemoración das #letrasgalegas . Nesta ocasión retomamos os xogos tradicionais, marabilla de préstamo da Concellaría de Xuventude do Concello do Grove.


De luns a xoves, cada aula, foi pasando polos diferentes espazos do centro nos que se atopaban os xogos. O venres, no horario dos obradoiros, organizamos unha xornada para xogar todos xuntos. Pasámolo en grande!




miércoles, 14 de mayo de 2025

GALICIENCIA

 Un ano máis, o alumnado de sexto participou activamente en Galiciencia. Este ano a temática é o noso cerebro e aproveitamos para investigar como funciona o noso cerebro, que poden facer por nós os pasamentos, os xogos de lóxica, a alimentación ou o ioga.

Os alumnos de quinto aproveitaron para visitar a feira e participar nos talleres. 

Foi unha xornada estupenda!!!








lunes, 12 de mayo de 2025

PREPARANDO GALICIENCIA

 Antes de ir a Galiciencia tivemos moito, moito traballo. Tardes no cole, investigación na casa e ata cadea de traballo na aula. Desesperación, algún que outro enfado pero con vontade sacámolo adiante.

#sextoreboreda#galiciencia#aprenderfacendo



INAGURACIÓN DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 E así, ao son da boa música tradicional, como non podía ser doutra maneira, inaguramos a Semana das Letras. Grazas á asociación O Carballo das Cen Pólas @carballocenpolas78!




lunes, 5 de mayo de 2025

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS

 A rapazada de 5° e 6° inaguramos o "Mes das Letras" cun obradoiro titulado "O papel da muller nos intrumentos miúdos", a cargo de Erica Iglesias. Nel puidemos repasar instrumentos básicos da nosa tradición musical como: a pandeireta, a pandeira, o pandeiro, as culleres, as cunchas, o sistro,...entre outros.

Grazas Erica por ensinarnos un pouquiño da nosa cultura.

#quintoreboreda #sextoreboreda #edlg #músicatradicional #aprenderfacendo #onosocolemola



viernes, 2 de mayo de 2025

INSPIRING GIRLS: ANTONIA OTERO

 Dentro do programa Inspiring Girls tivemos a sorte de contar coa visita de Antonia Otero, enxeñeira de telecomunicacións e, ademáis, ex alumna do noso cole.

Veu falarnos da súa vida, das súas inquedanzas e, por suposto, da súa paixón pola tecnoloxía. Unha visita estupenda e moi motivadora para tod@s.
Moitas grazas a Antonia pola visita. Encantounos!