lunes, 28 de abril de 2025

APADRINAMENTO LECTOR

 Un ano máis, celebramos o Día do libro cun apadriñamento lector.

O alumnado de segundo e terceiro ciclo apadriñou ao alumnado de infantil, primeiro e segundo preparando para eles a lectura dun libro . Previamente moitos interesáronse polos gustos dos seus apadriñados, pasaron ratiños xuntos, deseñaron xogos , monicreques, pasatempos...cos que acompañar a lectura. Pola súa banda , os apadriñados agasalláronos cun marcapáxinas en forma de xirasol, inspirado nos Xirasoles de Van Gogh , facendo referencia ao proxecto sobre arte deste curso.
Que mellor maneira de celebrar que con estos momentos de lectura compartida ! ☀️📚🌳



viernes, 25 de abril de 2025

ATRAPADOS NA CASA DE ESCHER

 Seguimos traballando Escher de xeito interdisciplinar. Fai uns días quedamos atrapados na súa obra: relatividade e tocounos facer Unha chea de cálculos para poder saír da mesma. Desa mesma tarefa sairon historias matemáticas moi, moi interesantes.

#sextoreboreda#pdiunanonomuseo#escher#udi#aprenderfacendo



miércoles, 23 de abril de 2025

FLORES YAYOI KUSAMA

 Flores Yayoi Kusama 🌼🌺🌸

O alumnos e alumnas de infantil seguen moi artísticos. Mirade que obras.
#ceipReboreda #educacióninfantil #osIndios #proxectoarte #unanonomuseo





martes, 15 de abril de 2025

ESPALLAR TINTA

 Hoxe , 15 de abril, Día Mundial da Arte, queremos lembrar a participación do noso cole na Feira de escritura , "Espallar tinta", organizada polo @ceip.cedeira . Alí, o alumnado de primeiro mostrou parte do abecedario de arte no que levan traballando dende comezo de curso. Unha actividade que engloba a área de lingua e de educación artística ,dentro do noso proxecto de centro " Un ano no museo" . Aínda quedan moitas letras, artistas e técnicas que explorar. Pronto mostraremos máis por aquí.

Para introducir cada letra , comenzamos lendo algúns dos libros da selección de títulos sobre arte que chegaron este curso á noso biblioteca.
Feliz día da Arte a tod@s ! 🎨🎭📽️



viernes, 11 de abril de 2025

IMOS A GALICIENCIA

 Un ano máis vémonos en Galiciencia. O 14 de maio estaremos alí falando do cerebro.

#sextoreboreda, #galiciencia, #aprenderfacendo



martes, 8 de abril de 2025

ESCHER

 Novo trimestre e con el novo centro para as nosas UDIs.

En mate, linguas e PDI imos achegarnos a figura do artista Escher, o pintor das matemáticas. Comezamos facendo probas para debuxar teselados. Inda están na primera etapa pero, estade atentos, isto Vai dar moitas viravoltas. #sextoreboreda#udi,#pdiunanonomuseo#teselados#escher#aprenderfacendo




viernes, 4 de abril de 2025

O BOSQUE ATLÁNTICO

 Hoxe aprendemos moito sobre o bosque atlántico cun programa sobre os bosques autóctonos subvencionado pola conselleria de medioambiente do concello.

Foi realmente instructivo e completaremos a actividade coa visita ao bosque autóctono do CUVI.



martes, 1 de abril de 2025

DIXITALIZACIÓN RESPONSABLE DA MAN DO PROGRAMA INSPIRING GIRLS

 En sexto durante todo o mes de abril imos participar no programa Digitalización sin Límites do programa Inspiring Girls.

Hoxe, da man de Esperanza falamos de tecnoloxía e puxemos os nosos coñecementos a proba. Aprendemos moito e xa temos gañas doutra sesión.