Este ano, o día das #letrasgalegas está adicado ás CANTAREIRAS. Como non podía ser doutro xeito, no cole de Reboreda celebrámolo cantando, da man da profe Isa. Compartimos unha pequena mostra:
🎶As nenas e nenos de sexto interpretaron a Xota de Ultreia.🎶Quinto e cuarto curso Agharrado de Liñares de Avión.
🎶Terceiro e segundo curso Agharrado de Vilar de Cabeiras.
🎶Primeiro e infantil cantamos Castañas Asadas.
Por último, todo o alumnado e profesorado cantamos a Danza de Agrazón de Eva Castiñeiras.
Unha vez máis queremos agradecer á Profe Isa polo seu traballo, esforzo e sabedoría! Grazas❤️🎶🙏🏽
Moi feliz Día das Letras Galegas a todas e todos! ❤️
No hay comentarios:
Publicar un comentario