miércoles, 12 de marzo de 2025

EXPOSICIÓN DE MAFALDA POLO DÍA DA MULLER

 A comezos de novembro, a Conselleria de infancia do concello de Redondela e as @bibliotecas_de_redondela , propuxeron aos centros educativos da vila participar nunha iniciativa que aunaría a conmemoración do 60 aniversario de Mafalda e do Día internacional dos dereitos da infancia. A proposta era facer unha reinterpretación deste carismático personaxe e , xuntos , crear unha exposición colaborativa e itinerante que comenzaría a súa andadura no Multiusos de Redondela para despois continuar por todos os centros participantes.

No noso cole, o alumnado de terceiro ciclo foi o encargado de versionar a Mafalda cun toque artístico , inspirados polo noso proxecto de centro deste curso.
A semana do 10 de marzo, un dos nosos corredores acolleu as láminas que rendían homenaxe a Mafalda . Obras que mantiñan a súa esencia e cunha mensaxe reivindicativa dos dereitos dos nenos e nenas.

#60aniversariodemafalda #díainternacionaldosdereitosdainfancia



No hay comentarios:

Publicar un comentario