Hoxe tivemos a inmensa sorte de contar con Raquel Pérez, enxeñeira de Enerxía e Minas do CuVI e experta en combustión que viu ao noso centro da man do @concelloredondela para celebrar o Día da Muller e da nena na Ciencia.
Falamos de ciencia, de mulleres e adestramos unha IA. Máis completo non puido ser.Aprendemos moitísimo e pasámolo xenial. Grazas ao concello, a Iría que sempre nos ofrece actividades fantásticas e a Raquel por achegarnos tan ben a ciencia.
#sextoreboreda, #steam, #eme, #díadamulleredanenanaciencia, #concelloderedondela, #referentes
No hay comentarios:
Publicar un comentario