miércoles, 27 de mayo de 2026

PROXECTO ESCOLAS AZUIS

 Este curso a marea tróuxonos unha chea de aprendizaxes, aventuras e emocións que agoran toman forma no proxecto que imos presentar para ser recoñecidos como unha Escola Azul.

A ver se hai sorte.


jueves, 21 de mayo de 2026

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano a nosa semana das Letras quedounos chea de actividades.

- O luns comezamos co izado de bandeira e a homenaxe a Ángel Barros acompañados do @carballocenpolas78. Os alumnos e alumnas de terceiro faláranos de Begoña Caamaño e a nosa directora fixo unha breve e emotiva biografía de Ángel Barros, que debería ter vido ao centro neste día pero finou fai un mes e non puido ser. Despois cantamos todos xuntos o himno e demos comezo a semana das letras no noso centro.
- Martes e mércores: Desfrutamos do XXVII Festival de Títeres de Redondela baixando en quendas para desfrutar das obras no Multiusos da Xunqueira.
- Xoves: O equipo de educación física organizou unha carreira solidaria no centro na que participou todo o alumnado cuxa recaudación foi entrega á ONG Save the Children.
-Venres: O grupo Amalgama fixo unha actuación musical adicada ás cousas que nos trae a marea como parte do noso PDI do centro. Despois de cantar e bailar, tivo lugar o fallo do xurado do concurso literario da Reboraina.

En maio non para a festa!



martes, 19 de mayo de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

 Apadriñamento lector' 2026

Non hai mellor maneira de celebrar o Día do libro que compartindo lecturas e momentos .
Feliz día do libro a tod@s☀️
Desexámosvos boas lecturas hoxe e todo o ano ❤️📖.
#diadolibro2026 #beescolaresgal #apadriñamentolector



jueves, 14 de mayo de 2026

MAESTRO ENTRECARTONES

 Hoxe tivemos a grandísima sorte de ter unha vista moi especial! Unha visita coa que aprendemos mooooito (eu a primeira) e coa que o pasamos aínda mellor!


O profe Diego @maestro_entrecartones veu facer un obradoiro cos Indios (no seu día libre). Experimentamos e creamos ao grande co seu proxecto #obratectura que é unha auténtica marabilla! Pero, teño que dicir, que ademais do seu traballo, a súa conexión coas nenas e cos nenos é brutal.

Admiración e agradecemento a partes iguais profe Diego! Quedamos asombrados e encantados! As nosas portas sempre abertas para ti! Que sigan voando todos eses paxariños na túa cabeza❤️

#afortunados #osindios #ceipReboreda



viernes, 8 de mayo de 2026

FORMACIÓN DO PROFESORADO E PLEA

 Durante este curso estamos levando a cabo un grupo de traballo sobre competencia lingüística que ten, entre outros obxectivos, elaborar o noso novo Plan de lectura ,escritura e acceso a información .

O profesorado estamos mergullándonos nesta competencia na procura da mellora das nosas metodoloxías, en base a evidencias científicas e adaptándonos aos ritmos do noso alumnado.
Adicamos unha das sesións ao aprendizaxe basado en xogos ,que tantas oportunidades nos ofrece, porque aprender tamén pode ser moi divertido.

#plea #biblioblogreboreda #mergullándonosnacompetencialingüística



sábado, 2 de mayo de 2026

MAIOS E DESMAIOS

Durante a semana dos maios , o alumnado de segundo adentrouse na historia de "Maios e desmaios" , escrito por @ramond.veiga . A súa narración levounos a coñecer un pobo onde todos os nenos e nenas teñen nome de flor e no que, coma no noso, tamén se fan figuras con flores na véspera do 1 de maio. Pero tamén a unha escura fraga onde unha nena, un chisco misteriosa, en vez de maios...fai desmaios!

🌿Non podíamos ter escollido mellor lectura para acompañarnos entre costura de pampullos e ensaio de coplas 💛. Unha historia divertida que nos achega a unha das nosas tradicións máis fermosas, ilustrada maravillosamente pola man única de @ivan_r_
🍎Grazas aos dous por esta xoia que tanto nos gustou.



viernes, 1 de mayo de 2026

CELEBRAMOS OS MAIOS

 🌿Un ano máis, nas vésperas do 1 de maio, o cole énchese de arrecendo a fiúncho, costura e coplas. Ovos ,laranxas e traballo en equipo.

🌼E entre ensaio, agullas e cantos ,chegou o día de desempolvar os paus e tocar e cantar ao redor do noso maio.