miércoles, 29 de septiembre de 2010

HARRY POTTER 7 (1/2)

Xa sabedes que o séptimo libro do noso máis grande Mago, "Harry Potter e as reliquias da morte", foi levado ao cine en dúas partes. Cousas do cine, do marketing,... ou tal vez ... era necesario?. Comprobaremolo en breve.
O día 19 de Novembro estrenan a primeira parte, e aínda que ata mediados do 2011 non poderemos ver o final da saga, algo é algo.
O trailer amósase interesante!
Pero, xa lestes o libro?
Bueno, se lestes os anteriores, non creo que puiderades resistirvos ao último, non si?

XA NOS CONTAREDES!!!

martes, 28 de septiembre de 2010

AUGA EN CONTOS

NADARÍN. Leo Lionni. Kalandraka.
"Pero o mar estaba cheo de maravillosas criaturas, e mentras nadaba de asombro en asombro Nadarín voltou ser feliz. Viu unha medusa de gelatina arco-iris, unha langosta dando voltas como un muiño, extraños peixes arrastrados por un fío invisible, ... "




A HISTORIA DO RAINBOW WARRIOR. Rocío Martínez. Kalandraka.
"Dúas baleas nadaban nun mar xeado. A máis pequena remoloneaba. Non quería facer unha viaxe que con toda seguridade sería longo. A máis grande empuxabaa suavemente e cantáballe unha historia: ... "

domingo, 26 de septiembre de 2010

"LAS HISTORIAS DEL AGUA"

Aquí tedes 3 contos animados de Filmtropía, co selo Clasitoons. O formato orixinal é libro-DVD de debuxos animados que realizou xunto a fundación Pons para "Acciona", dentro do marco da EXPO de Zaragoza 2008.
Realmente é tan importante a auga e un uso razoable da mesma?
QUE OPINADES?

Las Historias del Agua (3 cuentos animados) from filmtropia on Vimeo.

jueves, 23 de septiembre de 2010

A NOSA PROPIA BIBLIO

A lectura é case sempre un momento íntimo, que podemos ou non compartir cos outros, é sucede moitas veces que non atopamos, o lugar e o tempo, axeitado onde levalo a cabo.
Que debemos ter en conta á hora de diseñar a nosa Biblio, na nosa casa?
  • Debemos elixir o lugar con moito coidado: Luminoso, de fácil acceso.
  • Podemos diseñar e redistribuir a nosa propia habitación asignando un espazo a tal función.
  • Non debemos mezclar coa zona de xogar.
  • Debemos organizar os libros de forma que logo nos sexan fáciles de localizar: por temas, xénero,... nós decidimos.
  • Elixir sempre libros pola súa calidade, mellor poucos e bos, que moitos e malos.
  • Acordes sempre á nosa idade.
  • Podemos facer unha selección atendendo aos nosos gustos sen deixar de lado outras posibilidades.
Como é a vosa Biblioteca particular?
Tedes un espazo voso, onde vos sentides transportados aos maravillosos mundos que compartimos coas nosas lecturas?
Contádenos!!
Mandádenos fotos das vosas biblios?
O certo é que cando entramos de cheo nun libro, logo, o lugar xa nos da igual, e o tempo nunca é suficiente. Pero, para comezar,...
Para máis información consultade o "Laboratorio de Lectura", da FGSR.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

LIBROS AUGA

Cada semana irémosvos presentando libros que temos na biblio ao redor da Auga, para que vos vaiades poñendo as pilas. Algún incluso vos pode interesar para incluilo na vosa Biblio particular, si, esa que tedes na casa.
Polo de agora a Biblio, a do cole, a de Margarida, está pechada, hai moito que facer, organizar, ... pero na 2ª, 3ª semana de outubro abriremos, e poderedes levalos en préstamo.

"Agua. Colec Mira, mira. Pearson Educación": De onde ven a Auga?, Por que a Auga do mar é salgada?, Como se fai o xeo?,... Cheo de solapas, desplegables,... para descubrilo todo sobre a Auga.

"El agua. Colec Biblioteca Interactiva Mundo Maravilloso. SM Saber": Libro interactivo, con pegatinas, desplegables,... e onde poderedes coñecer os perigos que ameazan á Auga.
Hai moitos libros moi interesantes sobre a auga. Se coñecedes algún comunicádenolo. Veremos a posibilidade de compralo, para que os poidades levar en préstamo.Justificar a ambos lados

martes, 21 de septiembre de 2010

LABORATORIO DE LECTURA

Dende a Fundación Germán Sánchez Ruipérez chéganos este espazo adicado á lectura, cheo de novas, consellos, recursos audiovisuais,... e moito máis.
Atentos Lectores ás súas novidades editoriais, non se perden nin unha.
Atentos Papás e Mamás aos seus consellos cara á lectura e os libros.
Atentos Mestres a todos esos artigos, cursos e recursos.
BOAS LECTURAS!!!

domingo, 19 de septiembre de 2010

PROXECTO: "AUGA-FONTE DE VIDA"

A Auga é o elemento máis preciado que hai no Planeta Terra
Todos os seres vivos da Terra necesitan Auga para sobrevivir
Somos un 75% de Auga
3/4 partes dos organismos vivos somos Auga
O mesmo Planeta Terra está cuberto tamén nun 70% de Auga
Durante este curso 2010-2011 vamos traballar no Centro de forma interdisciplinaria o tema da "AUGA". E para que todos teñamos materiais cos que traballar e poder consultar construimos unha páxina propia para o Proxecto: (buscade na barra lateral do blog)
Aproveitaremos tamén o feito de que Galicia é terra de ríos, de Auga, ... para introducir todas esas tradicións que temos en Galicia ao redor da Auga: muiños, lavadeiros, fontes, regas, ...
Contamos con todos vós para que nos contedes!!
Aquí vos queda un vídeo que seguro vos resulta moi, pero que moi interesante:

viernes, 17 de septiembre de 2010

AUGA=VIDA

O glaciar oriental de Rongbuk, no Everest, perdeu 100 m de grosor entre agosto de 1921 e outubro de 2008.




O río King (Australia), 122 Km de meandros, de augas marróns cargadas de sedimentos,durante os meses secos, queda sen auga.

National Geographic, abril 2010

jueves, 16 de septiembre de 2010

AUGA=VIDA

Unha morea de persoas sedentas agólpanse ao redor dun pozo en Natwargadh (India), onde as choivas monzónicas poden supoñer menos de 200 ml anuais e as temperaturas estivais acadan os 46ºC.

National Geographic, abril 2010

miércoles, 15 de septiembre de 2010

AUGA=VIDA

Vendedora de auga limpa de pozo(a sete céntimos de euro a bolsa) en Luanda, Angola.
En 2006, a contaminación da auga na cidade causou unha das peores epidemias de cólera de África, con 80.000 afectados.

National Geographic, abril 2010

martes, 14 de septiembre de 2010

AUGA=VIDA

Na estación seca, o río "Arayo" de Etiopía é un rezumadeiro lodoso no que as mulleres escarban en busca de auga.

National Geographic, abril 2010

lunes, 13 de septiembre de 2010

AUGA=VIDA

As mulleres Gabra do norte de Kenia empregan ata 5 horas diarias en acarrexar pesados bidóns de auga turbia.

National Geographic, abril 2010

jueves, 9 de septiembre de 2010

CURSO 2010-2011

COMEZAMOS??