lunes, 30 de marzo de 2009

DÍA DO LIBRO INFANTIL

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Todos os anos o IBBY (Internacional Board on Books for Young People) celebra este día, co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano un país membro do IBBY é o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo. En este ano 2009, foi exipto, da man de Hani D. El-Masri o encargado.

Este home, Hani D. El-Masri, traballou como artista de desarrollo visual en películas de animación como: "El príncipe de Egipto", "La ruta hacia El Dorado", "Spirit: El corcel indomable" ou "Osmosis Jones". Seguro que será interesante ler a súa mensaxe:

"YO SOY EL MUNDO"
Yo soy el mundo, y el mundo soy yo,
porque por medio de mis libros puedo
ser lo que quiera.
Palabras y dibujos, prosa y verso
me trasladan a lugares que están
cerca y a la vez lejos.
En la tierra de los sultanes y del oro,
mil historias que hablan sobre todo
de alfombras voladoras, genios de
lámparas maravillosas,
ogresas y simbades, le cuentan sus
secretos a Sherezade.
Con cada palabra de cada página,
viajo a través del espacio y del tiempo
y sobre las alas de la fantasía,
mi espíritu atraviesa tierra y mar.
Cuanto más leo, más comprendo
que con mi libro siempre estaré
en la mejor de las compañías"
Hani D. El-Masri
Pois ide pensando porque algo teremos que facer para celebrar o mes de Abril, o 23 é o Día Internacional do Libro.
Ocúrresevos algo?

viernes, 27 de marzo de 2009

EXPOSICIÓN FÓSILES

Todavía non pasastes a ver a exposición?
Pois non sei a que esperades?
O Profe Guillermo amablemente cedeunos temporalmente parte da súa colección de fósiles, e sempre que o tempo llo permite nos explica: como se forman, as capas de sedimentación, os distintos tipos, ....
A que non sabiades desta fantástica afición do profe?
Aproveitade e preguntádelle!!
Seguro que está encantado de resolver as vosas dúbidas!!

lunes, 23 de marzo de 2009

A BIBLIOTECA DE REDONDELA

Esta mañá os nenos e nenas de primeiro e segundo baixaron a Redondela, ao multiusos, a visitar a Biblioteca Municipal. Por como viñeron, ademais de cansos, o deberon pasar moi ben.
Coñeceron a fondo a Biblio infantil.


Coñeceron un pouco máis a figura de H.C.Andersen e viron dúas curtas de animación moi divertidas:
"La danza de los esqueletos"



"El patito feo"

E todo un detalle, recibiron unha revista infantil e unhas cores de agasaio.
Moitas Grazas!, Voltaremos!

sábado, 21 de marzo de 2009

MEDRANDO SANS

Alá polo mes de novembro, dentro do "Programa Pasea", saía unha convocatoria para a elaboración de secuencias didácticas dirixidas a educación infantil, que promoveran a adquisición de hábitos saudables relacionados coa alimentación e o exercicio físico. Enviaron aos Centros un lote de libros, xunto cunha publicación: "Medrando sans, de bocado en bocado... de xogo en xogo", onde se traballaba cada un dos libros.

Pois no noso Centro, a titora dos "Vincis", Verónica Camiña, presentou un traballo, "Non me gusta!" ... e como non?, saiu premiada.

Noraboa, profe Vero!!

LITERATURA GALEGA DE ENHORABOA

A literatura galega está sendo premiada e recoñecida en todas partes.
  • "Cerca", de Natalia Colombo, libro editado por Kalandraka, ven de ser premiado co "II premio Delle Palme" de literatura infantil, en Italia.

  • "O prodixio dos zapatos de cristal", de Xosé A. Neira Cruz, editado por Galaxia ; "A cabeza de Medusa", de Marilar Aleixandre, editado por Xerais ; e "Fume", de Antón Fortes, editado por OQO; foron seleccionados pola Biblioteca Xuvenil Internacional de Munich, entre os 250 mellores libros do 2008, pola súa "especial calidade", e incluidos en " The White Ravens list 2009", unha das distincións máis destacadas que se poden otorgar no mundo da Literatura Infantil e Xuvenil, que se presentará en Bolonia(Italia), do 23 ao 26 deste mes de Marzo.

viernes, 20 de marzo de 2009

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Si, o 21 de Marzo, día do nacemento da primavera, é tamén o Día Internacional da Poesía.
Non podía ser de outro xeito!.
Florecen os campos, as árbores, e como non, a ledicia e o amor nos nosos corazóns.
Que data tan apropiada!
Sentado baixo a sombra dunha cerdeira en flor, tumbado ao sol sobre a area da praia,... apetece ler e incluso escribir, e por que non, uns versos, unhas fermosas palabras que reflictan o noso sentir.
Aquí vos deixamos unhas liñas para que vos inspiredes:
POEMIÑA PRA NAMORAR A UNHA ROSA
(Manuel María)
A rosa rosiña
está na roseira.
¡E será miña
anque non queira!
A rosa rosada
de tanto lucir
a mesma alborada
a pode ferir.
A rosa rosiña
está no rosal;
¡tes que ser miña,
rosiña lanzal!
A rosa rosada
de tenro mencer,
¡é tan delicada
que pode morrer!
Prá rosa rosiña
fachenda de Maio,
¡incruso é espiña
a frol dun salaio!
A rosa rosada
xa é miña amiga;
¡quedóu namorada
con esta cantiga!
VAGUEDÁS
(Rosalía de Castro)
II
Ben sei que non hai nada
novo en baixo do ceo,
que antes outros pensaron
as cousas que hora eu penso.
E ben, ¿para qué escribo?
E ben, porque así semos,
relox que repetimos
eternamente o mesmo.
X
Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
¡eu non me acordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor!
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentóu,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal choróu Madalena na Pasión.
"Señor, que todo o podedes
-pedinlle unha vez a Dios-
dáime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición".
E doumo Dios, arrinqueino,
mais... ¿Quén pensara?... Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qué era delor;
soupen só que non sei qué me faltaba
en donde o cravo me faltaba
en donde o cravo faltóu,
e seica..., seica tiven soidades
daquela pena... ¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quén o entenderá, Señor!
  • No apartado de "Xoga e Curiosea", tedes unha páxina da Autora Carmen Gil, http://www.poemitas.com/ con moitas propostas de actividades, poesía, cancións, .... Algunhas relacionadas co ano da Astronomía.
  • E no apartado de "Recursos Interesantes", outra, cunha antoloxía de Poesía Galega musicada, "Son de Poetas".
Aproveitade estos días para botarlle un ollo!!

jueves, 19 de marzo de 2009

QUE NON SABEDES QUE FACER?

Está claro que algúns se non veñen ao cole, non saben que facer. Co bo tempo que fai, este solciño, esta calor, ... Pois dende sair dar un paseo polo contorno, monte, praia, ... non teredes acaso lugares preciosos e marabillosos, que por riba, tendo tan cerca non coñecedes: a ruta do río Alvedosa, coas súas fervenzas, miradoiros, ...; os petroglifos; o carballo das cen polas; a illa de San Simón; ... e moitos máis. Lugares que seguro vos incitan a investigar, curiosear,... e tal vez atopar algún tesouro por descubrir.
O cine sempre é unha boa solución, aínda que da pena cos días tan fermosos que fai.
E non digamos a lectura, nestos momentos temos no cole unha fiebre coa serie de libros da autora Stephanie Meyer: "Crepúsculo": "Crepúsculo", "Luna nueva", "Eclipse" e "Amanecer".
Aquí vos deixamos un enlace para que se vos apetece poidades ler o primeiro capítulo do primeiro libro da saga
(facede clic enriba da imaxe)
Despois vos decidides.

RECICLANDO CARTUCHOS

Acordadevos que seguimos a reciclar cartuchos de tinta das impresoras, toner, e demais.
Pois recordade o importante que é que nos concienciemos todos do moito que consumimos, e o pouco que reciclamos, reutilizamos, ...
Sabedes que aforro de enerxía supón reciclar un cartucho baleiro?
Para fabricar un cartucho láser necesítanse ao redor de 3 litros de petróleo.
Sabedes que cantidade de cartuchos se tiran mensualmente ao lixo?
Estamos a falar de millóns de cartuchos

viernes, 13 de marzo de 2009

OLIMPIADA MARGARIDA

"Margarida Quere Saber II", acaba de comezar, levamos coa de hoxe tres preguntas. A cousa como non podía ser de outro xeito, apretada, pois aquí ninguén se perde, o que máis e o que menos, busca, investiga,... e todos intentan respostar correctamente.
Ánimo, que aínda queda moito percorrido, e nunca se sabe!!.
Se queredes ver como vai a clasificación provisional despois das dúas primeiras preguntas, visitade a sección "Os Nosos Recunchos", alí atoparedes a páxina oficial da Olimpiada.
Moita Sorte!
Xa consultastes a lista de inventores???

miércoles, 11 de marzo de 2009

TRABALINGUAS

"Un tigre, dous tigres, tres tri..." - Nin escribindo. Que difícil!.
Tiñades que ver e oir aos nenos e nenas de segundo curso, como nos deleitaron cos trabalinguas do seu último libriño. Impresionantes!

lunes, 9 de marzo de 2009

5 ANOS A RECOMENDA

Margarida ten que seguir o seu camiño, ten que ir de visita a outras aulas, coñecer a todos os nenos e nenas do cole, contarlles contos, xogar con eles,... e moito máis.
Con gran tristura, como en todas as despedidas, deixamos aos nenos e nenas de 5 anos A, "Os Copérnicos".
Pero, que alegría tan grande comprobar o que lles gustan os contos a estos nenos e nenas.
Despois de ver o vídeo seguro que opinades o mesmo.
Averiguastes que libros nos recomendaron "os Copérnicos"??

OLIMPIADA DE MARGARIDA


Hoxe, luns día 9 de Marzo, primeira pregunta.

Recordade que todavía estades a tempo de formar un equipo e participar.

SORTE!!

domingo, 8 de marzo de 2009

DÍA DA MULLER

Hoxe - Domingo 8 de Marzo - Día Internacional da Muller
Fai tempo xa que chegou as nosas mans un curioso conto, e parecía que esta era unha boa data para amosárvolo.
"La Cenicienta que no quería comer perdices"

(Fai clic enriba do conto para velo en grande e poder lelo)

martes, 3 de marzo de 2009

MARGARIDA QUERE SABER II

Comezou a fase de inscripción dos equipos para a Olimpiada de Margarida. Recordade que hai que facer equipos de 2 ou 3 compoñentes, e sempre de distintos cursos. Tedes toda a semana. O luns 9 de Marzo sairá a Primeira Pregunta.
Se tedes dúbidas sobre as normas da Olimpiada consultade a páxina na barra lateral, dentro da sección "Os nosos recunchos".


lunes, 2 de marzo de 2009

4 ANOS RECOMENDA

Despois da visita de Margarida, os nenos e nenas de 4 anos contábannos que o seu libro favorito era:
Mirade a carta que nos escribiron.

E agora a seguir lendo!!!