miércoles, 31 de octubre de 2007

QUE MEDO!!!!

Festa do Samaín, noite de difuntos, cabazas arrepiantes, ... comezo do ano novo Celta:



  • Os máis pequenos, os de educación infantil, foron polas aulas a asustar aos maiores, estos a cambio, asustáronse moito, leron, contaron e cantaron contos de medo. Auuuuuuhhh!!!!!!!!!


  • Margarida disfrazouse de fantasma, igual que os máis peques, e cos maiores no recreo fixeron unha sesión de contos terroríficos.

miércoles, 24 de octubre de 2007

24 de Outubro día internacional das Bibliotecas Escolares

Con motivo deste día tan especial temos previstos nestos días algunhas actividades:


  • Lecturas de contos por alumnado de 6º curso a nenos e nenas de educación infantil e primeiro ciclo.


  • A presenza dun ilustrador na biblioteca.


  • A representación dun teatro negro.



  • A entrega dun marcapáxinas a cada neno e nena do centro, cun motivo de margarida, a nosa mascota, e o lema escollido de entre todos os presentados : "Coa lectura vives mil aventuras", de Iara García de 5ºA.

miércoles, 17 de octubre de 2007

CAIXAS VIAXEIRAS

A falta de maletas, boas son as caixas, e máis se quedan tan chulas como as que vos fixestes para que Margarida volas enchera de libros. Esperamos que os leades todos!!!


viernes, 5 de octubre de 2007

ABRIMOS AS NOSAS PORTAS

O próximo luns día 8 de Outubro, abrimos por fin as portas da Biblioteca en horario de recreo. Despois de moitos cambios na estructura, mobiliario e distribución dos espazos, xa estamos listos para que pasedes a coller libros en préstamo.
Sabedes que día podedes levar libros?
Mirade o correo de Margarida. Dentro do sobre vai tamén o horario da Biblio.
Esperámosvos!!!!!