lunes, 30 de mayo de 2011

CLAUSURA LECTURA SILENCIOSA

A lectura soe ser unha experiencia bastante íntima e solitaria, pero antes de chegar a este punto, debemos adquirir certo hábito lector, e certo gusto pola lectura.

No noso Centro, levamos dous cursos intentando compartir estos agradables momentos. Este venres, último venres de maio, e último día que adicamos este curso a ler todos nun mesmo momento en silencio, saimos ao patio, a ler igualmente todos xuntos, pero, ao aire libre, agora realmente, máis preto que nunca. Un momento de doce lectura compartida.





E vós, ledes en compañía ou a soas?

sábado, 28 de mayo de 2011

VIAXE A MANZANEDA

"Os nenos de sexto fixemos unha viaxe a manzaneda dun fin de semana. A nosa aventura comezou no autobús, xunto ao noso prezado chofer: Carlos.
Ao chegar a Manzaneda , tras 4 h de traxecto deixamos a nosa equipaxe no bungalow. A nosa primeira impresión foi que o iamos pasar moi, moi ben.
Tras familiarizarnos co bungalow fomos a cear. A comida non estaba mal, aínda que se podía mellorar.
Ás nove e media da noite deixamos todas as nosas enerxías na discoteca xuvenil. Non dormimos as horas apropiadas, principalmente, porque nos deitamos ás 5:30 da mañá.
Comezamos un novo día cunha ducha refrescante e cun bo almorzo. Despois fumos os karts e para algúns foi un pouco tráxico porque nos espichamos contra os postes e a Pedro Abad o atropellaron. Fomos a montar a cabalo pero mollamonos como uns energúmenos .
Comimos e fomos á piscina, logo a merendar e ao rocodromo.
A continuación ceamos e de marcha a discotecaaaaaaa. Ao seguinte día a tiro con arco, pero facía moito frío así que nos fomos ao casino. Logo fixemos beisboll que foi a nosa actividade. Comemos e compramos algo de recordo. Despóis collemos camiño de volta e logo de romperlle a cabeza a o , chegamooos!!!"




Texto:Alumnas de 6ºA

Fotografías: Alumnas 6ºB

viernes, 27 de mayo de 2011

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA (CÓMIC)



O vindeiro Xoves 2 de Xuño, ás 19:00 h. tedes un obradoiro de cómic na biblioteca de Chapela. A actividade durará unha hora e media e está dirixida a rapaces e rapazas de entre 9 e 16 anos. É preciso inscribirse na Biblioteca Municipal. Podédelo facer por teléfono, mandando un correo ou tamén no Facebook.
Tedes máis información no seu blog:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2011/05/taller-de-comic-na-biblioteca-de.html

Agardamos que o disfrutedes!!

jueves, 26 de mayo de 2011

AUGA E... PIRATAS!

Dentro do tema AUGA que vai fluindo ao longo deste curso os nen@s de 3º B leron na aula un conto no que a auga xunto con Marta foron os principais protagonistas.










Lede o resumo que fixo Lucia, pódevos atrapar esta historia do libro:
A escola dos piratas.

Autor: Agustín Fernández Paz.

Colección Tucán. Edit. Edebé.

Premio edebé de literatura Infantil.

Marta sempre desexaba que se inundara todo cando chovía. Ana, a súa profe desexaba o mesmo para disfrutar dalgunha aventura extraordinaria. pero Marta e Ana gardaban o segredo. Como Ana e Marta desexaban con tanta forza, un día o cole esvarou montaña abaixo.

Cando chegou ao río atopáronse con camións e helicópteros para rescatalos pero a directora non o permitiu porque non traían permisoso.

Ao final unha psicóloga axudou no rescate. Díxolles que pensaran fortemente que o edificio volvía ao seu lugar.

Fixéronlle caso e o cole voveu de novo onde sempre estivera.

Alí estaban os pais esperando por eles.

martes, 24 de mayo de 2011

VISITA ÁS ILLAS CÍES

Onte, xoves 19 de maio, os alumnos de 5º fomos visitar as illas Cíes. Saímos do colexio en autobús ata o porto de Vigo. Alí embarcamos con outros rapaces cara a illa. O primeiro que fixemos foi merendar. Despois coñecemos á nosa guía: Marta. Explicounos como nos iamos organizar para o paseo. Dividímonos en cinco grupos.

O grupo dos exploradores foinos guiando con axuda de pistas e mapas.

Co grupo das pulgas fixemos unha busca pola praia.

O grupo dos caracois falounos da importancia das dunas e da súa conservación.

O grupo dos ratiños ensinounos a importancia das plantas do mato para esconderse, xogamos aos ratos e os falcóns protexidos polos toxos.

Finalmente chegamos aos cantís: observamos corvos mariños, gaivotas e lagartos.

Ao rematar o xogo baixamos a comer no camping. Xogamos, compramos xeados etc.

Puxémonos crema protectora e fomos á praia: mollámonos, fixemos castelos, xogamos ao fútbol...

Ás cinco regresamos no barco a Vigo. E de ahí en autobús a Redondela.

O QUE MÁIS NOS GUSTOU.... A PRAIA, O BARCO???

domingo, 22 de mayo de 2011

BOLBORETA 2011

A NOSA REVISTA ESCOLAR

ESTUPENDÍSIMA COMA SEMPRE!!


(clicade enriba para vela a pantalla completa)

sábado, 21 de mayo de 2011

CELEBRANDO A NOSA LINGUA

Seguindo coas Letras e promocionando as moitas actividades que están a facer moitos Centros para engrandecer a Nosa Lingua e aos seus Autores, non podiamos deixar de poñer este incrible vídeo.

Neste vídeo podedes ver o programa "Ben Falado" da TVG. En concreto un vídeo realizado dende o Equipo de Normalización do Ies Ponteceso e os grupos de 4º de ESO, 1º e 2º de BACH en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal ao redor do poema "A campana de Anllóns" do citado autor.

Da gusto escoitar a estos rapaces e rapazas!



Visitade o seu blog:


http://biblioaponte.blogspot.com

viernes, 20 de mayo de 2011

CORRELINGUA 2011

No instituto Ies Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo), elaboraron este incrible vídeo baixo a coordinación do equipo de Normalización Lingüística do Centro e a colaboración do equipo de Biblioteca, para promocionar o noso idioma.

Escoitade o que vos din estos compañeiros de Lugo.

jueves, 19 de mayo de 2011

LINGUA MINORITARIA

miércoles, 18 de mayo de 2011

RESPONSABILIDADE

viernes, 13 de mayo de 2011

LIBERDADE

jueves, 12 de mayo de 2011

CONTAXIO

miércoles, 11 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS - 2011

Durante estes días estamos celebrando no colexio actividades arredor das Letras Galegas que este ano homenaxean a LOIS PEREIRO.

Vistes os cartaces que temos polos pasillos e escaleiras do Centro sobre este autor?

Son chulísimos!

Pois foron feitos polo alumnado do CEIP de Laredo (Chapela).

Atentos estos días ao blog. Cada día iremos publicando un pequeno vídeo sobre o noso idioma. Hoxe para empezar unha canción dun autor galego, Roi Casal. Escoitade con atención, seguro que vos gusta.


lunes, 9 de mayo de 2011

"QUIJOTE" INTERACTIVO

A Biblioteca Nacional Española dentro dun proxecto de dixitalización de moi alta calidade, permítenos por primeira vez, un acercamento innovador á Primeira Edición da obra cumbre de Cervantes.

Grazas a esta iniciativa é posible disfrutar de "El Quijote", como se tivéramos a obra nas nosas mans. Ao redor desta nova dixitalización construiuse un portal interactivo ao que se incorporaron mapas, ilustracións, grabados e outros contidos procedentes de 43 edicións distintas de "El Quijote" e de 21 obras máis, todas pertencentes á BNE.

domingo, 8 de mayo de 2011

OS CONTOS FAVORITOS DOS PEQUES

Hai un montón de contos que nos encantan, pero se ademáis teñen canción entón podemos velos e escoitalos unha e mil veces. Queremos aproveitar para compartir con todos vos unha das historias que máis nos gusta, a de Chocolata, que é unha hipopótama que vai de viaxe a cidade en busca de novas aventuras. Esperamos que vos guste tanto como a nos.

viernes, 6 de mayo de 2011

NACE A REVISTA "FIZ"

Moitos recordaredes o personaxe de Kiko da Silva, FIZ. Segundo din,... o neno máis porco do mundo. Seguro que recordades ao seu protagonista, un neno cunha desbordante imaxinación, que ten un trato moi especial cos residuos orgánicos de todo tipo.

Pois atentos todos porque acaba de sair a revista "Fiz", terédela nos quioscos cada dous meses.

Para aqueles que vos guste moito o cómic, xa sabedes...

martes, 3 de mayo de 2011

I MOSTRA MUSICAL DOS CEIP DE REDONDELA

Con motivo dos MAIOS, cinco dos Ceip de Redondela decidiron compartir as súas experiencias musicais. Por un lado, era unha forma de coñecerse os nenos e nenas de sexto, que o próximo curso compartirán Centro; Por outro, unha maneira distinta de traballar ao redor dos temas que se traballan nos Coles, no noso en concreto "A AUGA"; E finalmente, un xeito de dar relevancia a unha data tan significativa en Redondela.

"Primeiro exploramos sonoramente (coa Auga) nela e con ela, con obxectos que evocaban algunhas das súas formas, etc.
Logo e cos ollos pechados escoitamos cada un daqueles sons e anotamos situacións ou posibles personaxes que nos viñan á cabeza. Así, pondo as nosas ideas en común, naceu a historia da RA. O teatro con luz negra foi a maneira elixida para representar plásticamente a historia. As profes de plástica traballaron con nós nos elementos. E a banda sonora foi a montaxe de aqueles sons que nos inspiraran a historia, máis os novos sons que xurdiron dela. Exceptuando o son da balea, dos delfíns, e das gaivotas que son tomas reais, todo o demáis está feito acústicamente por nós."