sábado, 29 de noviembre de 2008

XOGANDO A APRENDER COA CIENCIA

Estas semanas @s nen@s de sexto e os seus mestres andan a argallar experimentos e pequenos inventos xogando a aprender coa ciencia. Coas distintas fontes de enerxía , coa luz e o son foron amañando distintos aparellos e argallando os seus inventos. Comprobaron a propagación, reflexión e refracción da luz. A mestura de cores que forman a luz branca. Nos inventos chegaron a facer un coche eléctrico con material reciclado. Os compañeiros chamáronlle o Renault 28.

Se queres escoitar os vídeos, tes que pulsar en play. Pero antes vai ao artigo do mago (baixa pola páxina) e fai clic encima do altavoz que aparece enriba das fotos(do mago).

SOLUCIÓN ADIVIÑA 8

Como empezaba a adiviña??
"Catro gatos nunha habitación"
Cada un dende a súa esquina, cantos gatos ve??
Lede outra vez a adiviña.

SOLUCIÓN: CATRO GATOS

miércoles, 26 de noviembre de 2008

EXPERIMENTAMOS COA LUZ

Hoxe, como último mércores de mes, tivemos sesión de experimentos.
Viñeron os nenos e nenas de Sexto A a presentarnos algunhas cousiñas que eles mesmos descubriron sobre a luz: Como se propaga?, De que está composta?, Como se descompón?,... e algunhas cousas que se poden facer con luces e sombras, como as "sombras chinesas".
O certo é que foi moi interesante, e non cabiamos na Biblio.

martes, 25 de noviembre de 2008

25N:DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Nun intento máis de traballo colaborativo dende as Bibliotecas escolares Galegas, aquí tedes un vídeo realizado polo IES de Fene (O Segrel do Penedo).



NON

A CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA

lunes, 24 de noviembre de 2008

CONCURSO ADIVIÑAS 8

Se queres ver como vas no concurso, visita "Os nosos recunchos"
ADIVIÑA 8
Catro gatos nunha habitación
cada gato nun recuncho,
cada gato ve tres gatos,
adiviña cantos gatos son.

domingo, 23 de noviembre de 2008

UNHA MAÑÁ CHEA DE MAXIA

Chegounos dende a Deputación, e dentro do programa "Maxia nas escolas": Cyrille. Pasamos con el un rato moi divertido e sobre todo cheo de "ilusión" e "fantasía".
Ata outra!

sábado, 22 de noviembre de 2008

ARTE COA NATUREZA



LAND ART: Tendencia de arte contemporáneo que utiliza o marco e os materiais da natureza (terra, madeira, pedras, area, rochas,... follas). Normalmente realízanse no exterior, expostas aos elementos e sometidas á erosión natural.


Despois de ver as marabillas que outros fan con estos elementos naturais, o alumnado de sexto, aproveitou as follas das árbores que cubren os nosos patios para experimentar e chegar a realizar auténticas obras de arte.


Realmente son uns artistas!!!

SOLUCIÓN ADIVIÑA 7

Parece que temos unha pequena confusión entre as múltiples aves de rapina que existen na nosa natureza.
O Bufo é un ave grande e poderosa que normalmente se identifica coa sabedoría. O moucho (autillo), mochuelos, ... cárabos,... e outros, son aves máis pequenas. Estaría tamén a curuxa (lechuza), ...

En definitiva,



Solución adiviña 7
O BUFO


miércoles, 19 de noviembre de 2008

HOXE:"CONTACONTOS"

Os mércores é o noso día de actividades nos recreos. O último mércores de cada mes temos experimentos, pero, o resto, depende. Uns días teremos, contacontos, outros, teatro, poesía,...
Animádevos!!!
Andrea foi unha contacontos excepcional.
Seguro que repetimos!!

2008-2009: CIENCIA

Parecía algo extraordinario eso de traballar coa Ciencia, algo fora do común, pero, estamos a darnos conta, que é algo normal, que está presente todos os días da nosa vida. A Ciencia está en todas partes, no que vestimos, no que bebemos, no que respiramos, co que xogamos, ... na nosa historia e identidade,...
... E seguimos investigando. Agora cada aula escolleu un científic@, inventor ou inventora, que os identifica. Algúns son moi coñecidos, outros non tanto, con todo, as veces indagando na súa vida descubrimos cousas, moitas que nos sorprenden, ben polo normais que parecían sendo Xenios, ou polas dificultades que tiveron.
Seguiremos investigando!!!!

lunes, 17 de noviembre de 2008

CAMPAÑA:EU LEO PORQUE ME PETA

Iniciamos estas semanas atrás a campaña "Hora de Ler: Leo porque me peta". Unha campaña de animación á lectura enviada dende a Asesoría de Bibliotecas en Santiago, e dirixida a nenos e nenas dende Primeiro curso de Primaria ata cuarto.

Tedes todos os albums de cromos de contos?

Recordade que, cada vez que veñades no recreo a buscar un libro en préstamo, os Bibliotecarios daranvos, xunto co libro e o marcapáxinas, outro sobre de cromos.

Ánimo e a ler!!!


CONCURSO ADIVIÑAS

Cada luns sae unha adiviña, e tes de plazo ata o venres para respostala. Mira na barra lateral, na sección "Os nosos recunchos", a clasificación do concurso.

Adiviña 7

Sae ao campo pola noite

se me queres coñecer,

son señor de grandes ollos,

cara seria e gran saber.

Quen son?

sábado, 15 de noviembre de 2008

EXPERIMENTANDO CON ELECTRICIDADE

O alumnado de sexto reunímonos no laboratorio para presentar aos demais compañeiros as nosas experiencias sobre circuitos e electromagnetismo. Construimos electroimáns e comprobamos as distintas aplicacións que ten na vida cotiá. Co material que quedou, dos tempos que había ESO no centro, amañamos un vello xerador para probar os nosos circuítos de lámpadas, muíños, zumdadores, etc.
A electricidade respetámola, paro xa non nos é tan estraña.

viernes, 14 de noviembre de 2008

SOLUCIÓN ADIVIÑA 6

Que iba ser?, Claro que si.

SOLUCIÓN : O RÍO

miércoles, 12 de noviembre de 2008

CARTA DENDE O ESPAZO

Do que nos enteramos hoxe!!!
Os nosos amigos de 3º recibiron carta. O sorprendente non é a carta en si, senón de onde procede. Do planeta CAR-01 e dun amiguiño que se chama Rano.
Sorprendente, non si?
Como non podía ser menos os nosos compañeiros e compañeiras de terceiro aproveitaron estas datas para respostarlle e explicarlle en que consiste o Magosto.

martes, 11 de noviembre de 2008

MAGOSTO E CASTAÑAS


Tendo como temos ao ladiño o "San Martiño", como non vamos celebrar o Magosto??.
Este ano Cantigas, xogos tradicionais e castañas asadas. O que máis nos gusta emborrallarnos ao final.


lunes, 10 de noviembre de 2008

CONCURSO ADIVIÑAS 6

ADIVIÑA 6
Sen vacacións nos seus cursos,
ao principio son guerreiros,
nacen case sempre en montañas,
e morren de mariñeiros.
Que será??

sábado, 8 de noviembre de 2008

SOLUCIÓN ADIVIÑA 5

Para ver como van as puntuacións podedes visitar na sección "Os nosos recunchos", a páxina do concurso de adiviñas.
Solución adiviña 5: "DE BURATOS"

miércoles, 5 de noviembre de 2008

EXPERIMENTANDO NA BIBLIO

Hoxe iniciamos as sesións de experimentos dos mércores na biblio. Cada final de mes teremos unha experiencia relacionada con algún campo da ciencia, que nos amosará algún mestre ou alumn@ do centro. Hoxe era a primeira: A gravidade, a densidade da auga e un principio que di que, "todo corpo sumerxido nun fluido experimenta un empuxe vertical e cara arriba igual ao peso do fluido desaloxado". Este principio leva o nome do científico que o enunciou, Saberedes quen foi??
Pista: É un dos personaxes elixidos por algúnha das aulas do Centro.



Agora tócavos a vós!!
Preparade un experimento e amosámosllo ao resto de nenos e nenas do cole

martes, 4 de noviembre de 2008

A FEBRE DOS COGOMELOS

En 6º estamos coa febre dos cogomelos. Seguimos a clasificalos. Estes son de Ventosela, Reboreda e Ourense. O certo é que dan moito xogo e aprendemos un montón.


PEQUEN@S ECOLOXISTAS

Que Ledicia, o amor pola natureza e o ecosistema! Os compañeiros e compañeiras de 2º o luns ao entrar ao colexio atoparon un corvo ferido no campo de xogos. Sen dubidalo, recollérono con tenrura consternados ao decatarse de que tiña unha ala rota. Recolleuno a Policía Local e agora xa está recuperándose na protectora de animais.

domingo, 2 de noviembre de 2008

CONCURSO ADIVIÑAS 5

ADIVIÑA 5

De que encherías un porrón

para que pese menos que baleiro???